domingo, 23 de febrero de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA!!: CURSO 2013-2014

Despois de tanto tempo, regresamos con moitas ganas ao Recuncho da Ciencia!!
Para este curso cambiamos a ubicación para o corredor de Educación Infantil, espazo común que compartimos ámbalas dúas clases, porque a aula non é o único lugar no que se aprende!



Primeiro, presentamos os materiais e normas aos novos científicos e refrescamos a memoria os veteranos!

E segundo e o máis importante, EXPERIMENTAMOS!!!!!!!

martes, 23 de abril de 2013

COMO É O MAR

O proxecto que estamos a traballar sobre o mar estanos a descubrir moitas cousas: 
  • de que cor é 
  •  por que é salgado
  • que hai no fondo 
  • como se producen as ondas.
Pero para entender mellor algunhas das súas características dirixímonos ao Recuncho da ciencia e tras rexistrar as nosas hipótesis...


realizamos algúns experimentos:



"Ondas do mar" (comprobamos a acción do vento sobre o mar e o movemento das ondas)



"Ovos mergullados" (o efecto da salinidade do mar na densidade da auga)